Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de resolución do expediente IN 635C 2017/7-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, as interesadas son informadas de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 25 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2017/7-1.

Interesada: Santi di Royan, S.L.

CIF: B70425731.

Acto de notificación: resolución.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 635C 2017/17-1.

Interesada: Torasa Gestión Obras y Servicios, S.L.

CIF: B70268867.

Acto de notificación: resolución.

Concello: Cambre.

Expediente: IN 635C 2017/32-1.

Interesada: Energía y Servicios Energéticos Plus, S.A.

CIF: A70281217.

Acto de notificación: resolución.

Concello: Santiago de Compostela.