Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de outubro de 2017 pola que se notifica acordo de inicio de expediente de caducidade de autorización de atracada número P1-09D nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Foz.

Con data do 10 de outubro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Tito Fernández Rego.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente incoase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, desde o exercicio do ano 2013 ata o segundo semestre do ano 2017.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, outorgándose para estes efectos un prazo máximo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado (BOE).

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia