Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira, técnico de Administración xeral, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.

Por Resolución da Alcaldía do 6 de novembro de 2017 acordouse nomear a Hortensio David Míguez Fuentes, con DNI número 76578998S, funcionario de carreira do Concello do Barco de Valdeorras, técnico de Administración xeral, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.

A partir da última das publicacións do anuncio do nomeamento no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia comezará a contar o prazo dun mes para tomar posesión.

O Barco de Valdeorras, 6 de novembro de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde