Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial e de revisión da autorización ambiental integrada outorgada ao complexo industrial de tratamento de perfís de aluminio de Aluminios Cortizo, S.A., en Extramundi (concellos de Padrón e Rois) (expediente 2017-IPPC-M-57).

Para os efectos previstos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de diciembre, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do complexo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi, por reformas nos procesos de lacado e extrusión, e outros cambios nas instalacións. Volume I. Memoria (números 1 a 3). Setembro 2017.

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do complexo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi, por reformas nos procesos de lacado e extrusión, e outros cambios nas instalacións. Volume II. Memoria (números 4 a 10). Setembro 2017.

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do complejo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi, por reformas nos procesos de lacado e extrusión, e outros cambios nas instalacións. Volume III. Memoria (números 11 a 13. Anexos). Setembro 2017.

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do complexo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi, por reformas nos procesos de lacado e extrusión, e outros cambios nas instalacións. Volume IV. Planos. Setembro 2017.

– Resumo non técnico. Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do complexo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi, por reformas nos procesos de lacado e extrusión, e outros cambios nas instalacións. Setembro 2017.

– Estudo de impacto e integración paisaxísitca (EIIP) da modificación substancial do complexo industrial de Aluminios Cortizo en Extramundi por reformas nos procesos de lacado e extrusión. Maio 2017.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-M-57.

Peticionaria: Aluminios Cortizo, S.A.

CIF: A-15077761.

Domicilio social e localización da instalación: estrada Padrón-Noia, km 2, Extramundi, s/n. 15901 Padrón (A Coruña).

Actividade: sector do aluminio, abranguendo todo o proceso produtivo, desde a obtención do tocho de aluminio de segunda fusión a partir da chatarra, ata a obtención de perfís de aluminio e o tratamento de superficies metálicas (lacado e anodizado).

Descrición: a modificación consiste nunha serie de reformas no proceso produtivo e nas edificacións industriais. As reformas no proceso produtivo consisten, fundamentalmente:

– Na substitución da liña horizontal de lacados 4 existente por unha de maior capacidade.

– Na substitución da liña de extrusión 5 por unha de maior capacidade.

– En modificacións adicionais de carácter menor: cambios e reorganización dos depósitos exteriores de almacenamento de produtos químicos da planta de anodizado, reorganización das zonas de almacenamento de produtos químicos utilizados nas liñas de lacado, a instalación dunha subestación eléctrica para a subministración ao complexo desde unha rede de alta tensión.

Inclúese nos documentos presentados unha revisión do grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles para o sector da metalurxia non férrea, na cal se encadra a fundición da que dispón o complexo industrial, atendendo ao recollido na Decisión de execución da Comisión do 13 de xuño de 2016 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles para as industrias de metais non ferrosos, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.

Verteduras: como consecuencia fundamentalmente do incremento da capacidade produtiva e a produción no proceso de lacado, a empresa solicita unha lixeira ampliación do caudal de vertedura da instalación ao regato Meixos.