Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51805

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 12 e 13 de decembro de 2017 nunha localidade da provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os vindeiros 12 e 13 de decembro de 2017, nunha localidade da provincia de Ourense.

1. Constitución da comisión e apertura da sesión.

2. Exposición das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2017.

3. Presentación do borrador do Plan integral da emigración 2017-2020.

4. Presentación das liñas de actuación en materia de emigración para o ano 2018.

5. Informe das atribucións que o Decreto 111/2015, do 6 de agosto, lle atribúe á Comisión Delegada.

6. Rolda de intervencións.

7. Clausura da reunión.