Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica a localización das persoas interesadas, para seren notificadas por comparecencia na tramitación do expediente de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela, no concello de Redondela.

Por descoñecemento do lugar de notificación persoal e en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, rúa Fernández Ladreda, 43, 2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 24 de outubro de 2017

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor

ANEXO

Expediente: montes Chan do Mestre e outros.

Persoas interesadas: María Isabel López Lorenzo, José Luis Rivas Álvarez, María del Pilar Lorenzo Cabaleiro, Jaime Romero Domínguez, María Luisa Lage Soto, Francisco Núñez Carrera, Ángela Pérez González, Juan Cabaleiro Salgado, Hortensia Bastos Álvarez, José González Méndez, Josefa Margarita Carrera Villar, Carlos González Díaz, María del Carmen Tarrío Rodríguez, César Santos Barciela, Sonia María Gómez Rodríguez, Purificación Rodríguez Gómez, Emilio Rodríguez Fernández, Josefina Varela Castro, Florencio Costas Rivero, María Josefina Lourido Cobo, Renny Muiñas Besada, Carmen Pérez Costas, Antonio López Álvarez, Antonio Campos Sánchez, Victoria Alonso Piñeiro, Antonio Ballesteros Ballesteros e María Paz Pazo Rocha.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no inicio do expediente de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, instado pola comunidade de montes veciñais en man común de Chapela (Redondela).