Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2017 Páx. 51714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2017-0076 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; r) Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de outubro de 2017

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2017-0076.

Interesada: Elena Kasandra Salin.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2017-0205.

Interesado: José Manuel Míguez Castro.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: CO-RES-2017-0217.

Interesado: Rafael Gaisse Fariña (administrador concursal de Verdibeira Aqualab, S.L.).

Acto notificado: comunicación sobre obrigatoriedade de recibir notificacións por medios electrónicos.