Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51650

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axuda, S. Coop. Galega

ANUNCIO de transformación de cooperativa en sociedade de responsabilidade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de novembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a Asemblea Xeral da cooperativa Axuda Sociedade Cooperativa Galega, con domicilio social na rúa Xusto Martínez, nº 10, 5º H, da Estrada (Pontevedra), en xunta xeral extraordinaria universal de socios que tivo lugar o 23 de outubro de 2017 no domicilio social da dita cooperativa, adoptou por unanimidade, tras aprobar o balance da sociedade previamente auditado externamente, pechado o día anterior 22 de outubro de 2017, a transformación da citada cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa denominación Axuda SAF Sociedade Limitada, co mesmo domicilio social e obxecto da cooperativa transformada, o que para tales efectos certifica a secretaria co visto e prace da presidenta.

A Estrada, 27 de outubro de 2017

Visto e prace

Marina Bascuas Baltar

Presidenta

Nieves Fernández García

Secretaria