Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51433

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (903/2015).

Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente anuncio que no procedemento de xuízo ordinario nº 903/2015 seguido por instancia de Miavit Nutrición Animal, S.L. fronte a Jesús Antonio Estévez García, José Manuel Estévez García, Julio Meiriño Otero, José Benito Rodríguez Losada, Manuel Taboada Acevedo, José Leonardo Goberna Lorenzo, Fidel Francisco Fontán Fernández e José Fernando de Oliveira Leite se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Ana Crespo Damota en nome e representación de Miavit Nutición Animal, S.L. contra Manuel Taboada Acevedo, Jesús Antonio Estévez García, Julio Meiriño Otero, José Manuel Estévez García, José Benito Rodríguez Lozada e José Fernando de Oliveira Leite na súa calidade de membros do consello de administración da mercantil Correctores Gallegos, S.L., debo condenar e condeno a Manuel Taboada Acevedo, Jesús Antonio Estévez García, Julio Meiriño Otero, José Manuel Estévez García, José Benito Rodríguez Losada e José Fernando de Oliveira Leite a aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de 73.474,1 €, máis os xuros legais da cantidade reclamada desde a presentación da demanda e ata a data da presente sentenza e os previstos no artigo 576, desde esta data ata a súa completa execución.

Con expresa imposición das custas á parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

E encontrándose o demandado José Fernando de Oliveira Leite en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 27 xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza