Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2017 pola que se notifica o acordo ditado no expediente IG142.2015.1.46.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselle ao interesado o contido do acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselle ao interesado que contra o acordo, o cal esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG142.2015.1.46

Turismo Aldane, S.L.

Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (Resolución do 22 de outubro de 2015; DOG núm. 209, do 3 de novembro)

2.8.2017

Consello de Dirección do Igape

Acordo de resolución de recurso de reposición