Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación do anuncio de contratación de obras no parque Camilo José Cela (expediente 4.860-440).

No Diario Oficial de Galicia número 205, do 27 de outubro de 2017, publicouse o anuncio cuxo obxecto é a contratación, por procedemento aberto, das obras do proxecto Vigo Vertical de desenvolvemento urbano sustentable na rúa Juan Ramón Jiménez, entre Torrecedeira e Pi Margall (expediente 4.860-440).

No número 7, Requisitos específicos do contratista, rectifícase o seguinte:

Na alínea a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira, onde di: «posuír a seguinte clasificación: grupo C, Edificacións; subgrupo 3, Estruturas metálicas; categoría 5.», debe dicir: «posuír a seguinte clasificación: grupo C, Edificacións; subgrupo 3, Estruturas metálicas; categoría 4.».

Na alínea b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional, onde di: «posuír a seguinte clasificación: grupo C, Edificacións; subgrupo 3, Estruturas metálicas; categoría 5.», debe dicir: «posuír a seguinte clasificación: grupo C, Edificacións; subgrupo 3, Estruturas metálicas; categoría 4.».

Vigo, 27 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación