Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2017/559-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS peche bucle zona urbana de Salvaterra.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 en dous tramos:

1. Lonxitude: 209 metros; orixe: centro de transformación (CT) Edificio Cervantes; final: CT Edificio Fortín.

2. Lonxitude: 305 metros; orixe: CT Edificio Alto Miño; final: CT Edificio Residencia de Ancianos.

Instalación dunha cela de protección nos CC.TT. Cervantes e Residencia de Anciáns e dun kit de motorización nos CC.TT. Fortín e Alto Miño.

A instalación está situada nas rúas Galicia, Fonte da Vila, Miño e San Francisco de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra