Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de reintegro de subvención á promoción do emprego, regulada na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao programa TR348A.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada, no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra; rúa Concepción Arenal, 8, 2º en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 25 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: 2017/057.

Nº de expediente en xestión: TR348A 2011/0424-5.

Nome: José L. García Cendón.

CIF/NIF: 35318160G.

Último enderezo coñecido: Mourente, 2, 36164 Pontevedra.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non achegar a documentación xustificativa da subvención.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima, número 3, do anexo A da Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 25.8.2017.