Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo (expediente IN407A 2017/549-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: recuamento LMT SJG804 N-541.

Situación: Cerdedo.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 244 metros de lonxitude, con orixe no apoio proyectado nº 3, C-2000-14, e final no apoio existente nº 5, HV-1000-15. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 135 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 2, C-2000-12, e final no PAS no apoio proxectado nº 3. Retensado de 154 metros de liña, con condutor LA-30, entre o apoio 0 e o proxectado nº 2. A instalación está situada en Cerdedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra