Advertido o erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 230, do 1 de decembro de 2016, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 53326, no título do anexo onde di: «Relación de disciplinas de contidos progresivo nas ensinanzas superiores de Arte Dramática (implica que non se poden matricular nunha disciplina se non teñen aprobadas as anteriores)», debe dicir: «Relación de disciplinas de contidos progresivos nas ensinanzas superiores de Arte Dramática».