Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51083

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de outubro de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de outubro de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como para adaptala á Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, que modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica na marxe, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

FC.C02.00.001.15770.040

Servizo de Coordinación con outras Admóns. Públicas

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

FC.C03.00.001.15770.005

Xefatura Servizo Fiscalización e Xestión

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

FC.C03.00.001.15770.020

Xefatura Servizo de Control Interno

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

FC.C03.00.003.15770.005

Servizo de Auditoría de Fondos Europeos da Pesca

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

FC.C03.00.003.15770.011

Servizo de Auditoría do Feder

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia

FC.C03.00.003.15770.015

Xefatura Servizo de Auditoría do FSE

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

FC.C03.00.003.15770.020

Serv. Control Finan. Subv. Fondos Europeos Agrícolas

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia.

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

FC.C05.00.001.15770.007

Xefatura Servizo de Operacións Financeiras

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

FC.C05.00.003.15770.028

Serv. Tesouraría e da Caixa Xeral Depósitos C. A. Gal.

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

FC.C05.00.003.15770.023

Xefatura Servizo Programación Pagamentos do Sergas

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

FC.C06.00.000.15770.050

Xefatura Servizo Actualización Datos Persoal

• Especial responsabilidade por garantir a protección dos datos persoais.

FC.C06.00.004.15770.010

Xefatura Sección Incompatibilidades Altos Cargos

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

FC.C05.00.006.15770.005

Xefatura de Servizo Inspección e Control do Feder

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade da Xunta de Galicia pola realización de funcións de avaliación, auditoría e investigación.

FC.C05.00.006.15770.010

Xefatura de Servizo Inspección e Control do FSE

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade da Xunta de Galicia pola realización de funcións de avaliación, auditoría e investigación.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de outubro de 2017, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file