Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de setembro de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de desistencia e arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberase efectuar ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de setembro de 2017

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

anexo

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE

33350

Jesús Giráldez Aballe

*****563E

43048

María Aldora Amador

*****947Y

52678

Rafael Antonio Quintana Nyate

*****985A

66524

Mar Rodríguez Álvarez

*****942P

67425

Begoña López Montero

*****819E

76617

Mercedes Jiménez Jiménez

*****890F

78598

Verónica Méndez Miranda

*****201B

78807

Franco Rial Ferreira

*****096F