Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO de convocatoria para a adxudicación do contrato de xestión do centro de día de maiores de Leiro.

De conformidade co acordo do Pleno Municipal, con data do 20 de outubro de 2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de concesión de servizos de xestión do centro de día de maiores de Leiro, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Leiro (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría-Intervención.

2º. Domicilio: Gabino Bugallal, nº 39.

3º. Localidade e código postal: Leiro 32420.

4º. Teléfono: 988 48 80 00.

5º. Fax: 988 48 84 63.

6º. Correo electrónico: info@concellodeleiro.com

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o derradeiro día de presentación de proposicións, segundo a publicación do anuncio.

d) Número de expediente: CGSC01/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de servizos.

b) Descrición: xestión do centro de día de maiores de Leiro.

c) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: estrada de Osebe, s/n, Leiro.

2º. Localidade e código postal: Leiro 32420.

d) Prazo de execución/entrega: 6 anos.

e) Admisión de prórroga: si. 6 anos.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85312100-0-servizos de centros de día.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

– Criterios cuantificables automaticamente:

Melloras sobre as instalacións 15 puntos

Melloras sobre a composición da estrutura de recursos humanos

do centro de día 55 puntos

Melloras sobre o horario mínimo de apertura exixido no artigo 8

do regulamento de réxime interno 20 puntos

Melloras sobre facilitación dos servizos de comedor e/ou lavandaría

a veciños e veciñas do concello de Leiro 5 puntos

– Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

Calquera outra mellora proposta na xestión e explotación 5 puntos

4. Valor estimado do contrato: 4.006.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación (canon de explotación).

a) Importe neto: 36.000,00 euros.

b) Importe total: 36.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non é obrigatoria, pero, se é o caso, é acreditativa das solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira:

Volume anual de negocios non inferior a 500.750,00 euros, IVE excluído.

Solvencia técnica ou profesional:

Relación de principais servizos ou traballos de idéntica ou similar natureza.

Indicación do persoal técnico ou unidades técnicas.

Titulacións académicas e profesionais do empresario e persoal directivo.

Declaración do persoal medio anual da empresa.

Indicación da parte do contrato que se vai subcontratar.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: segundo a derradeira publicación sexa no BOP ou DOG, o vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ao da dita publicación.

b) Modalidade de presentación: persoal, Correos ou telefax.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: Gabino Bugallal, nº 39.

3º. Localidade e código postal: Leiro 32420.

4º. Enderezo electrónico: info@concellodeleiro.com

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

– Sobres A e C: prazo máximo de 20 días hábiles, tras a finalización do prazo de presentación de ofertas.

– Sobre B: prazo de 7 días naturais desde a recepción dos informes relativos aos sobres C, se procede.

b) Enderezo: Gabino Bugallal, nº 39.

c) Localidade e código postal: Leiro 32420.

10. Gastos de publicidade: ata 1.500,00 euros, polo adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): non.

12. Outras informacións: poderán ser solicitadas á dependencia tramitadora.

Leiro, 25 de outubro de 2017

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde