Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación da suministración dun tractor provisto de rozadora de brazo lateral e cabina forestal homologada.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración dun tractor provisto de rozadora de brazo lateral e cabina forestal homologada, mediante procedemento aberto, anúnciase a convocatoria respectiva.

1. Obxecto: contrato da subministración dun tractor provisto de rozadora de brazo lateral e cabina forestal homologada.

2. Tipo de licitación: 108.900 €, IVE incluído.

3. Duración do contrato: o prazo de entrega no concello da subministración será de 120 días naturais a partir da data de adxudicación.

4. Procedemento: aberto, con dous criterios de valoración. Tramitación: ordinaria.

5. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio, sexa este no BOP, DOG ou no perfil do contratante.

6. Lugar de presentación das ofertas: dirixidas ao alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4, CP 36960 Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. Faise constar que se o prazo terminase en festivo ou sábado, se ampliará ao día hábil seguinte.

7. Mesa de contratación: dando cumprimento ao disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, designar os seguintes membros para constituír a mesa de contratación deste procedemento:

– Presidente: o alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín González ou, na súa substitución, o tenente de alcalde, Gonzalo Gonzalo Pita.

– Secretario: o funcionario do Concello, Celestino Otero Camiña.

– Vogais:

• O interventor xeral, José Juan Vidal Vilanova.

• O secretario xeral do Concello de Sanxenxo, Ángel Luis López Pita.

• O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Antonio Deza Otero.

• O concelleiro de Facenda e Persoal, Marcos Guisasola Padín.

8. Solvencias:

a) Económica-financeira: acreditase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a unha vez e media do valor estimado do contrato (135.000,00).

A inscripcion no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia eximirá os licitadores de presentar a documenación exixida.

b) Técnica-profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos polo licitador de igual ou similar natureza aos que constituen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre as subministracións executadas polo licitador e as que constitúen o obxecto do contrato, a igualdade entre os dos primeiros díxitos do CPV 16700000-2 (16), durante o ano de maior execución do período citado, debendo acreditar o licitador como executado durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato (63.000,00 €). Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

9. Garantías: provisoria non se exixe. Definitiva do 5 % do prezo da adxudicación, excluído o IVE.

10. Criterios de adxudicación. Son dous:

a) Incremento da calidade do obxecto da prestación contractual. Ata un máximo de corenta (40) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria descritiva valorada dos aspectos ofertados que incrementen as especificacións da máquina respecto das sinaladas no PPT, así como, se é o caso, a ampliación da garantía sobre o período mínimo fixado no PCAP e no PPT.

b) Oferta económica: ata un máximo de sesenta puntos. Expresarase nunha cantidade que non poderá superar o tipo de licitación que figura na cláusula 2ª deste prego (108.900,00 €, IVE incluído). No caso de que o licitador non o puntualizase, entenderase que todas as cantidades citadas na súa oferta inclúen o IVE.

11. Entidad e información: Concello de Sanxenxo-Negociado de Contratación. Tel.: 986 72 00 75.

12. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.Sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 11 de outubro de 2017

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente accidental