Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 178/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 178/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Pamela González Sampedro contra Televisión Barbanza, S.L. e o Fogasa, foi ditada a seguinte resolución:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuela Pamela González Sampedro, contra Televisión Barbanza, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 2.050 euros en concepto de principal (1.885,59 euros máis 164,41 euros de xuros do artigo 1.108 CC), máis outros 205 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS, e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren accontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Televisión Barbanza, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Manuela Pamela González Sampedro e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para poderen sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada».

«Acordo:

a) Declarar o executado Televisión Barbanza, S.L. en situación de insolvencia total, polo importe de 2.050 euros en concepto de principal, máis outros 205 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Televisión Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza