Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51060

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da execución da obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol de Melias, no concello do Pereiro de Aguiar, obra número 03/15/2017, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol de Melias, número 03/15/2017, no Concello do Pereiro de Aguiar -actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte-, cun tipo de licitación de 302.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 ante o servizo de contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulgue procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes, e alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous (2) meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 23 de outubro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense