Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de fretamento total de aeronaves para o transporte aéreo de órganos humanos para transplantes e do persoal sanitario e equipo encargado da súa extracción, para as xerencias de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e A Coruña (expediente AI-EIC1-16-008).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xestión Integrada da Coruña.

c) Número de expediente: AI-EIC1-16-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para o fretamento total de aeronaves para o transporte aéreo de órganos humanos para transplantes e do persoal sanitario e equipo encargado da súa extracción, para dar servizo ás xerencias de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e A Coruña.

c) Lotes: lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60445000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE, Plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (3.8.2016), DOG (29.8.2016), BOE (30.8.2016) e Plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (3.8.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado del contrato:

Valor estimado del contrato sen IVE: 3.815.398,80 €.

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento (exento de IVE): 1.564.712,80 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.6.2017.

b) Data de formalización do contrato: 27.7.2017.

c) Contratista: UTE Atlantic Air Solutions, S.L. e Proair Aviation GMBH (U-70527338).

d) Importe de adxudicación:

Importe (exento de IVE): 1.463.898,56 €.

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2017

María Jesús Bello Piñeiro
Directora xeral de Recursos Económicos