Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50953

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de outubro de 2017 pola que se convoca para a elección de destino definitivo a aspirante que superou, en virtude da Orde do 29 de setembro de 2017, o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, modificado pola Orde do 12 de novembro de 2015.

En virtude da Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Mediante a Orde do 29 de setembro de 2017 (DOG número 192, do 9 de outubro) aceptouse a renuncia presentada por un aspirante. Mediante a Orde do 5 de outubro de 2017 (DOG número 198, do 18 de outubro) declarouse que aprobara o proceso Ledicia Trillo González (32694045M). Por todo o anterior, e co obxecto de que poida ser nomeada funcionaria do corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar a Ledicia Trillo González, con DNI 32694045M, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar na Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública o día 8 de novembro de 2017, ás 10.00 horas.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo desta orde.

Terceiro. A aspirante deberá ir provista de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderá ser representada por terceira persoa con poder notarial suficiente.

Cuarto. Se non comparece persoalmente ou por medio de representante seralle adxudicado en destino definitivo o posto que figura en primeiro lugar no anexo.

Quinto. A aspirante poderá solicitar ser declarada en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

1

PXA200000315770027

PX

Xefatura grupo I

C1/C2

14

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Santiago de Compostela

 

2

FCC050000315770032

FC

Xefatura grupo

C1/C2

14

Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro

S. X. do Tesouro

Santiago de Compostela

 

3

ED4010000215770023

ED

Xefatura grupo

C1/C2

14

Secretaría Xeral de Política Lingüística

S. X. de Planificación e Dinamización Lingüística

Santiago de Compostela

 

4

ED4010000215770024

ED

Xefatura grupo

C1/C2

14

Secretaría Xeral de Política Lingüística

S. X. de Planificación e Dinamización Lingüística

Santiago de Compostela

 

5

SAC020000015770020

SA

Posto base subgrupo C1

C1

14

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

 

6

SAC020000415770001

SA

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

C1/C2

16

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

Santiago de Compostela

 

7

SAS030000415770001

SA

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

C1/C2

16

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

S. X. de Farmacia

Santiago de Compostela

 

8

SAS040000215770003

SA

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

C1/C2

16

Dirección Xeral de Recursos Económicos

S. X. de Compras e Servizos

Santiago de Compostela

 

9

PSC060000015770025

PS

Posto base subgrupo C1

C1

14

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado

Santiago de Compostela

 

10

MR3010000315770008

MR

Xefatura grupo

C1/C2

14

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Formación e Transferencia Tecnolóxica

Santiago de Compostela

 

11

MR3010000415770055

MR

Xefatura grupo

C1/C2

14

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Industrias e Calidade Agroalimentaria

Santiago de Compostela

 

12

MR3030000015770024

MR

Posto base subgrupo C1

C1

14

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

D. X. de Produción Agropecuaria

Santiago de Compostela

 

13

MR3030000215770034

MR

Xefatura grupo

C1/C2

14

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

S. X. de Apoio ás Explotacións Agrarias

Santiago de Compostela

 

14

MRC992003215310012

MR

Xefatura grupo (Teixeiro)

C1/C2

14

Servizos periféricos

Oficina de Teixeiro

Curtis

 

15

MRC992004215560010

MR

Posto base subgrupo C1 (Noia)

C1

14

Servizos periféricos

Oficina de Noia

Noia