Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de operarios tractoristas.

Mediante Decreto da Alcaldía número 2016/G003/000061 foi aprobada a oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 236, do 15 de decembro de 2016, aparecen publicadas as bases xerais do proceso selectivo para dúas prazas de operario tractorista.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 175, do 14 de setembro de 2017, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras das convocatorias do proceso de selección de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso oposición, para o acceso ás dúas prazas vacantes de operario tractorista.

Abegondo, 25 de setembro de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde