Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0107/2017-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0107/2017-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 18 de outubro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0107/2017-PPM

Víctor Vázquez López

32715715D

Resolución

Avenida Val de Vizoso, 103, 1º, As Xubias, Narón

PSC-FE-0123/2017-PPM

Juan Francisco Martínez Romaus

32664846Q

Resolución

Calle Real, 25, Mugardos

PSC-FE-0136/2017-PPM

José Luis Salazar Suárez

32689059X

Resolución

r/ Fernando VI, bl. 1, ptl. 2, 4º B, Ferrol

PSC-FE-0290/2016-PPM

Juan Antonio Fernández Castro

32674615X

Resolución

r/ Morteirado, 5, Franza, Mugardos