Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de alegacións do expediente sancionador por infracción na orde social 16/2013.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que no anexo se relaciona o trámite de alegacións no expediente sancionador por infracción na orde social (materia de prevención), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

A interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións que enuncia o artigo 17.1 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Lugo, 13 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 16/2013.

Empresa solidaria: Explotaciones Cerámicas Españolas, S.A.

NIF/CIF: A28076016.

Enderezo: rúa Os Castros, s/n, 27880 Burela (Lugo).