Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato para a subministración sucesiva do material para a realización de terapias de hemodiálise e hemodiafiltración (expediente MS-EIV1-17-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego da Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material necesario para a realización de terapias de hemodiálise e hemodiafiltración para os hospitais dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes: si, tres lotes.

d) CPV: 33181000-2.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.5.2017, 6.6.2017 e 15.6.2017.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.448.250,88 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.436.771,20 € . IVE: 301.721,95 €. Importe total: 1.738.493,15 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.9.2017 (lotes 1 e 2).

b) Data de formalización: 3.10.2017.

c) Contratista: Nipro Europe, S.A. Sucursal en España. NIF W021332B.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 762.048,00 € (IVE excluído).

Lote 2: 428.648,00 € (IVE excluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 9 de outubro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo