Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2017, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-18/2016 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de outubro de 2017

Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-18/2016.

Persoa interesada: Julio García González (Pinturas Julio García, S.L.).

NIF:……....233.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-15/2016.

Persoa interesada: Olga Romero Ibarra.

NIF: …......086V.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-23/2015.

Persoa interesada: Carlos Daniel Roca Recimil.

NIF: …......578V.

Acto de notificación: cambio de instrutor e resolución de rectificación de erro na contía da sanción.