Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50716

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de corrección de erros no anuncio da licitación para a prestación do servizo de limpeza do edificio multiúsos de Torneiros (expediente 22/17).

No 4 de outubro de 2017, no BOP núm. 191, no DOG núm. 189 e no perfil do contratante do Concello do Porriño, publicouse o anuncio da licitación da prestación do servizo de limpeza no multiúsos de Torneiros; e abríase o prazo de presentación de ofertas a partir do día seguinte á citada data.

Detectado un erro na publicación do prego técnico, que non se corresponde co aprobado definitivamente, débese proceder á súa publicación correcta no perfil do contratante, dando a debida publicidade no BOP e no DOG e ampliando o prazo de presentación de ofertas durante 15 días a partir da data da última publicación deste anuncio de corrección de erros.

Aqueles licitadores que xa presentasen ofertas poderán recollelas ou enviar unha nova e a anterior quedará arquivada sen efectos.

O Porriño, 17 de outubro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa