Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación Modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada ésta, non se puidese practicar, a notificación se fará por medio dun anuncio publicado no BOE, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada Modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín, que terá lugar na Casa do Concello de Portomarín como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 18 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 003/2014 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: Modificación número 1 LMT derivada Vilarbasín.

Concello: Portomarín.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

4

29

189

Monte Veciñal de Cortapezas

21.11.2017

11.00

30

37 e 38

3, 113

Monte Veciñal de San Mamede

21.11.2017

11.00