Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación porcina de ceba, sita no concello de Toques, promovido por Saamil, S.C. (expediente 2017/0089).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 4 de outubro de 2017 relativo ao proxecto de ampliación dunha dunha explotación porcina de ceba, sita no lugar de Saamil, no concello de Toques (A Coruña) promovido por Saamil, S.C.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático