Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 439/2017).

Alberto López Luengo, letrado de la Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Isidoro Rey Dopazo contra Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Altamar Heroya Primero, LTD, ISM, TXSS, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número seguridade social 439/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Altamar Heroya Primero, LTD, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27 de febreiro de 2018, ás 10.10 horas, na planta primeira, sala 6, edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Altamar Heroya Primero, LTD, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 6 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza