Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017009AM-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 18 de setembro de 2017, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2017009AM-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade Piñeiro Tubío, C.B. (A Casa do Río).

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase á entidade Piñeiro Tubío, C.B. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, do Santander ou
http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Número de expediente: 2017009AM-PO.

Interesada: Piñeiro Tubío, C.B. (A Casa do Río).

Documento de identificación: 70242730E.

Último enderezo coñecido: rúa Víctor García, 1, 36646 Pontecesures.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade ambiental.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).