Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO referido á expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización das rúas Basanta e Espiño.

Por medio do presente anuncio e para os efectos do disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, faise público que no BOP núm. 191, do 6 de outubro de 2017, figura o anuncio de aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización das rúas Basanta e Espiño, coa valoración do solo actualizada a decembro de 2016, aprobado pola Xunta de Goberno Local do 16.8.2017.

Así mesmo, por medio do presente anuncio e en execución da resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación, faise público que no BOP núm. 191, do 6 de outubro de 2017, figura o anuncio do decreto de aprobación das datas e horas de pagamento, ocupación e consignación fixadas para o aboamento polo concello do importe total do prezo xusto que figura no proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización das rúas Basanta e Espiño, coa valoración do solo actualizada a decembro de 2016.

Ferrol, 6 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.10.2016; BOP do 26 de outubro)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Mobilidade