Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (2/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 2/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra Toner 10, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Visto o estado do presente procedemento, acórdase citar novamente as partes para que comparezan o próximo día 12 de decembro de 2017, ás 11.55 horas, na secretaría deste xulgado, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e no caso de non se acadar a avinza, ás 12.00 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, ao acto de xuízo ante a maxistrada. Cítanse en legal forma as partes cos mesmos requirimentos e apercibimentos da primeira resolución en que se convocaba a xuízo.

Cítese a entidade demandada Toner 10, S.L. a través de edictos publicados no boletín oficial correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Toner 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza