Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50582

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 2 de outubro de 2017 polo que se asume a competencia delegada polo Concello de Rairiz de Veiga.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 29 de setembro de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Rairiz de Veiga (recadación executiva de ingresos de dereito público e, en especial, taxas, prezos públicos, sancións e calquera outro ingreso dese carácter, sen exceptuar ningún deles), co alcance, contido, condicións e vixencia que se establece no acordo do Pleno do dito concello o día 31 de xullo de 2017.

A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

Ourense, 2 de outubro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense