Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=167830

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD).

c) CPV: 90911200-8; CPA: 81.21.10.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 30 de maio de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 201.321,01 €, IVE (21 %): 42.277,41 €. Total: 243.598,41 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2017.

c) Adxudicatario: Iberclean Limpiezas, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 183.981,93 €, IVE (21 %): 38.636,21 €. Total: 222.618,14 € para o período do 1 de agosto de 2017 ata o 31 de xaneiro de 2019.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no PCAP.

Vigo, 2 de outubro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo