Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, da citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado Extensión de rede en Mop 10 Bar desde la posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela. Trazado no municipio de Cervo (expediente IN627A 2015/11-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se pudiese practicar...», mediante o presente anuncio notifícaselles aos interesados a citación para o pagamento do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre bens e dereitos afectados polo proxecto denominado Extensión de rede en Mop 10 Bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela. Trazado no municipio de Cervo (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 18 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN627A 2015/11-0.

Denominación: Extensión de rede en Mop 10 Bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela. Trazado no municipio de Cervo (Lugo).

Citación para o pagamento do prezo xusto.

Predio

Propietario

Día

Lugar

Hora

LU-CE-308

Descoñecido

29.11.2017

Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial de Lugo. Rolda da Muralla, 70-2º baixo

10.00 h