Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 120/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Senén Rey Requeijo contra Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto en que se despachou execución e decreto, con data do 5.10.2017, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se atopan á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza