Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 5 de outubro de 2017 pola que se lle notifica á interesada a resolución do contrato de alugamento de vivenda de promoción pública.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C-2003/705, conta 15.

Nome: Patricia Alonso Cimadevilla con DNI XXXXX209-M.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación a Patricia Alonso Cimadevilla da resolución do contrato de alugamento da vivenda que alugou a este organismo o 12 de xullo de 2010.

Esta resolución administrativa pon fin ao procedemento de resolución de contrato nº 6/2016.