Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016344AM-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2016344AM-CO incoado a José Seoane Santiago.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, e empregará os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 3 de outubro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016344AM-CO.

Interesado: José Seoane Santiago (Za Razo Arnados).

DNI/NIF/CIF: 32380521V.

Último enderezo coñecido: Arnados, s/n, Razo, 15100 Carballo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.