Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (172/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de salarios de tramitación a cargo do Estado 172/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Cornes Costa contra Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña, Secretaría de Estado de Xustiza, Secretaría Xeral da Administración de xustiza e Germán Pérez Rubín (administrador concursal de Gialibros, S.L.) sobre salarios de tramitación a cargo do Estado, se ditou sentenza do 28 de setembro de 2017 co número 438/2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos sobre reclamación de salarios de tramitación a cargo do Estado número 172/2015, seguidos por instancia de Rosario Cornes Costa, representada e asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves; contra a Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña-Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña e contra a Secretaría de Estado de Xustiza-Secretaría Xeral da Administración de xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza, representadas e asistidas polo letrado do Estado Sr. Suárez García; e contra Grialibros, S.L., Grace A. Nouel Brache, e Germán Pérez Rubín (administrador concursal de Grialibros, S.L.), os cales non compareceron ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Parte dispositiva

Que desestimando integramente a demanda interposta por Rosario Cornes Costa, contra a Delegación do Goberno en Galicia-Subdelegación do Goberno na Coruña-Dependencia de Traballo e Inmigración da Coruña; contra a Secretaría de Estado de Xustiza-Secretaría Xeral da Administración de xustiza-Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza, e contra Grialibros, S.L., Grace A. Nouel Brache, e Germán Pérez Rubín (administrador concursal de Grialibros, S.L.), debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza