Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 225/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Cebeiro Abeijón, Daniel Giao Rendo, Raquel Currás García contra Pulpería Estanco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 179/2017 do 20.3.2017 ditada no procedemento ordinario 697/14 a favor da parte executante, María Teresa Cebeiro Abeijón, Daniel Giao Rendo, Raquel Currás García, fronte a Pulpería Estanco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 10.484,55 euros en concepto de principal (a María Teresa Cebeiro Abeijón 4.606 euros, a Daniel Giao Rendo 4.664,98 euros, a Raquel Currás García 1.213,57 euros), máis outros 1.048,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdao e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Pulpería Estanco, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 10.484,55 euros en concepto de principal (a María Teresa Cebeiro Abeijón 4.606 euros, a Daniel Giao Rendo 4.664,98 euros, a Raquel Currás García 1.213,57 euros), máis outros 1.048,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0225 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá o embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Pulpería Estanco, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A Letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulpería Estanco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza