Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Morada número 4810.1, no concello de Melón.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e co Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira Morada número 4810.1, no concello de Melón (Ourense), promovido por Minor Galicia, S.L.

O proxecto pódese consultar, no prazo de 30 días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria de Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).

Ourense, 11 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense