Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4415/2017 contra a Resolución do 6 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 6 de xullo de 2017.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4415/2017, interposto pola Confederación Intersindical Galega, contra a Resolución do 6 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xullo de 2017, polo que se fixan criterios complementarios en relación co proceso de integración das distintas modalidades de transporte público de competencia da Xunta de Galicia que faciliten a optimización deste servizo público, no marco do procedemento para a implantación da primeira fase da planificación do transporte público de Galicia.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda