Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente DH.W15.51060 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes DH.W15.51060 e un máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.51060

Adela Fernández Ramos

Rúa María, 177-1º

15401 Ferrol

22.3.2017

Arquivamento

DH.W15.52221

Amador López Pantín

Piñeiros, 10

15560 San Sadurniño

26.4.2017

Arquivamento