Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-SER3-17-049).

En relación coa convocatoria publicada no DOG nº 196, do 16 de outubro de 2017, pola que se publicou a contratación, mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios, da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, expediente AB-SER3-17-049, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata as 14.00 horas do día 2 de novembro de 2017.

Permanece inalterado o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares atópanse dispoñibles na páxina web de Servizo Galego de Saúde www.sergas.es/contratación e na Plataforma de Contratos Galicia https://www.contratosdegalicia.gal.

O que se fai público para coñecemento xeral e, en especial, o das empresas interesadas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos