Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración sucesiva de reactivos e materiais para a realización de probas analíticas e o arrendamento, sen opción de compra, dun sistema de automatización total ou laboratorio Core no Hospital Arquitecto Marcide desta xerencia (expediente MS-ASF1-17-006).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

4º. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracions.ferrol@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-ASF1-17-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo mixto.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos e materiais para a realización de probas analíticas e o arrendamento, sen opción de compra, dun sistema de automatización total ou Laboratorio Core no Hospital Arquitecto Marcide da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: corenta e oito meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0, 38434540-3, 50400000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

• Solución ofertada: automatización, grao de integración, consolidación e melloras técnicas da solución ofertada: ata 21 puntos.

• Características dos equipos analíticos: ata 13 puntos.

• Características dos reactivos: ata 4 puntos.

• Garantía da calidade analítica: ata 4 puntos.

• Melloras que acheguen valor engadido ao diagnóstico ou á xestión: ata 8 puntos.

• Oferta económica: ata 45 puntos.

• Loxística: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 7.198.944,13 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.999.413,40 €; IVE: 839.876,81 €; importe total: 4.839.290,21 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse cláusulas 4.3 e 6.6.2 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20.11.2017.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 11.10.2017.

12. Outras informacións:

Ferrol, 11 de outubro de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol