Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato.

a) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do ramal da Arrotea, Salceda de Caselas (Pontevedra), e do ramal de Roublín, Mos (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17021.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base. Importe neto: 17.258,79 euros. Importe total: 20.883,14 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 12.494,00 euros. Importe total: 15.117,74 euros.

Empresa: Zifra Ingeniería, S.L.

b) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do saneamento do núcleo das Ermidas, O Couto e Leirado, Salvaterra de Miño (Pontevedra), e actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da Auga do Louro, ramais de Pedraúcha e Atín-Cela, Mos (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17022.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base. Importe neto: 17.933,24 euros. Importe total: 21.699,22 euros.

Prazo de execución: 7 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 13.400,00 euros. Importe total: 16.214,00 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

c) Título: apoio técnico na redacción do proxecto de novo sistema de saneamento en depuración en Pedre, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.17033.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base. Importe neto: 17.909,50 euros. Importe total: 21.670,50 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 11.800,00 euros. Importe total: 14.278,00 euros.

Empresa: GOC, S.A.

d) Título: servizo de apoio técnico na redacción do proxecto de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei, Outeiro de Rei (Lugo).

Clave do expediente: GA.17050.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base. Importe neto: 10.829,00 euros. Importe total: 13.103,09 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 10.829,00 euros. Importe total: 13.103,09 euros.

Empresa: Senén Prieto Ingeniería, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 cofinanciaraas a Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural, na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais; submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía; prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia