Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49832

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Maquinal, Soc. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do acordo de liquidación-extinción de cooperativa.

Os liquidadores da cooperativa Maquinal, Soc. Coop. Galega en liquidación, nomeados na asamblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 6 de novembro de 2013, e en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, adoptaron o acordo de extinción da cooperativa, tras a aprobación do balance final de liquidación e o proxecto de distribución do haber social entre todos os socios, sen que haxa remanente económico para repartir.

Trabada, 3 de outubro de 2017

José Oliveros Yanes
Álvaro Yanes Mourelle
Paz Seivane Gutiérrez
Liquidadores